Inicio Galicia A Xunta concede axudas para impulsar a internacionalización de 17 empresas ourensás...

A Xunta concede axudas para impulsar a internacionalización de 17 empresas ourensás por importe de máis de 300.000 euros

0

A alimentación, o TIC, os servizos, madeira-moble, ou a maquinaria son algúns dos sectores beneficiados polo ‘Galicia Exporta Empresas’ da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que inclúe iniciativas de promoción nos mercados exteriores

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder, a través do programa Galicia Exporta Empresas desenvolto polo Igape, axudas por máis de 300.000 euros para apoiar a internacionalización de 17 empresas ourensás. Nestas iniciativas participan compañías de eidos como a alimentación, TIC, os servizos, a madeira-moble, a maquinaria, ou a construción, que desenvolverán accións en 97 mercados de todo o mundo, como a creación de tendas online, a participación en feiras e eventos internacionais e a planificación de axendas de reunión no estranxeiro ou seguimento de clientes.

As empresas ourensás beneficiarias destes apoios son: Igal Gourmet, José Ovidio Montecelo Pato, Viña Costeira, Redegal, Adegas A Portela, Adegas Pazo de Aguiar, Mecanizados Rodríguez Fernández, Estaños e Soldaduras Senra, Wiretec Diamant, Adega do Mollón, Ailala-Ailalelo, Ronsel do Sil, Sabrafen Luthier Allariz, Formato Verde, Lisardo Dorribo, Centro Médico El Carmen, e Manuel Formigo de la Fuente.

Leer más:  Xunta y Gobierno comenzarán negociaciones para resolver discrepancias sobre la ley de calidad alimentaria

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, indicou que as pemes beneficiarias poderán avanzar na súa internacionalización cara a mercados como China, Estados Unidos, Cuba, Arabia Saudí, Australia, Brasil, Arxentina, México, Emiratos Árabes Unidos, Rusia, Marrocos, Xapón ou Colombia, así como distintos países europeos. As axudas do Galicia Exporta Empresas cobren o 70% dos custes, cun máximo de 70.000 euros por solicitude e compañía.

Este programa é complementario do Galicia Exporta Organismos Intermedios que promove as exportacións das agrupacións empresariais como motor de emprego e crecemento empresarial.

Mediante os dous programas a Consellería de Economía, Emprego e Industria busca tanto facilitar a internacionalización individual das pemes como favorecer a cooperación e o aproveitamento de sinerxías entre varias compañías. Ambas iniciativas enmárcase na Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, que ten por obxectivo facer das exportacións un motor de emprego e crecemento empresarial.

Froito do esforzo do tecido empresarial galego neste eido, co apoio da Xunta, nos primeiros nove meses deste ano as vendas ao exterior de Galicia incrementáronse un 7,6% fronte ao 3,2% da media estatal e situaron á Comunidade galega como a quinta con máis crecemento, acadando nese período un superávit comercial de 3.010 millóns de euros. Galicia atópase así no seu mellor ciclo exportador, tras superar en 2017 a barreira dos 21.000 millóns de euros.

Leer más:  Burela (Lugo) estará presente en 'El Grand Prix del Verano' 2024 junto con otras 13 localidades españolas

- Te recomendamos -