Inicio Galicia A Xunta concede axudas a concellos ourensáns que permiten a contratación de...

A Xunta concede axudas a concellos ourensáns que permiten a contratación de 101 perceptores da Risga e 55 socorristas

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver as convocatorias de axudas dirixidas ás entidades locais co obxectivo de mellorar a empregabilidade da súa veciñanza

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver as axudas para a contratación de perceptores da Renda Galega de Inclusión Social (Risga) e de desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social. Ao abeiro destas dúas liñas de apoio ao emprego, o Goberno galego impulsará a contratación de 179 persoas sen emprego nos concellos da provincia ourensá.

Un total de 37 entidades locais de Ourense, a través da orde de axudas para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga, que supón un investimento na provincia de case 1,1 M€ , poderán contratar a 101 traballadores durante nove meses co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral. A Xunta financiará como máximo o 75% da xornada laboral, cun custo medio por traballador de 10.616 euros (un 5,04% máis que no ano anterior).

Os traballadores contratados ao abeiro desta orde realizarán, entre outros, traballos relacionados con servizos de acondicionamento, mantemento e limpeza de espazos públicos, servizos de xardinería, de axuda a domicilio e outros servizos xerais.

Canto á contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, ao abeiro deste programa na provincia de Ourense incentívase a contratación de 78 socorristas durante dous meses de verán por parte da totalidade de entidades locais que o solicitaron, concretamente 55. O orzamento destinado á provincia de Ourense é de 250.874 euros, subvencionándose o 100% dos custos salariais totais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre