Inicio Galicia A Xunta concede 920.000 euros en axudas para seguir impulsando o crecemento...

A Xunta concede 920.000 euros en axudas para seguir impulsando o crecemento e competitividade da economía social

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas destinadas á promoción da economía social por parte das entidades da Rede Eusumo e para o fomento do asociacionismo neste sector


O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a concesión de 920.000 euros en axudas para seguir impulsando o crecemento e a competitividade da economía social a través do apoio a un total de 28 solicitudes do sector que chegarán a máis de 50 entidades.

Por unha banda, resólvese unha convocatoria que destina 630.500 euros para un total de 21 solicitudes que agrupan a 47 entidades adheridas á Rede Eusumo co obxectivo de impulsar e fomentar a economía social a través de actividades formativas, de investigación ou de asesoramento. Preténdese apoiar aos colectivos que colaboran con esta rede que se creou no ano 2012 para o desenvolvemento da economía social en todo o territorio galego.

A estes apoios súmase outra orde de axudas para fomentar o asociacionismo entre as entidades de economía social (cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción) con axudas para os seus gastos de funcionamento, favorecendo a súa consolidación. En total, 290.000 euros que beneficiarán a un total de sete entidades.

Estas liñas de axudas enmárcanse na Estratexia Galega de Economía Social, unha iniciativa para crear novas oportunidades de negocio en empresas que están enfocadas nas persoas e que contan cunha maior cohesión territorial e social. O obxectivo é incrementar as entidades, os empregos vinculados a elas e potenciar a presenza feminina neste eido.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre