Inicio Galicia A Xunta concede 51 axudas para o fomento da silvicultura activa por...

A Xunta concede 51 axudas para o fomento da silvicultura activa por máis de 1,2 millóns de euros para a provincia da Coruña

0
image_gallery.jpg

A Consellería do Medio Rural vén de conceder outras 12 axudas en materia de xestión forestal activa nos montes galegos por un importe de máis de 309.000 euros a entidades e particulares da provincia


A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, vén de comunicar a concesión de axudas en materia de silvicultura activa a 51 beneficiarios da provincia da Coruña por un importe de máis de 1,2 millóns de euros.

Neste senso, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal notificou electronicamente esta semana a concesión das axudas dirixidas a rareos e podas en masas de coníferas, así como tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras e para a rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiro. Cómpre salientar que a concesión de axudas públicas en materia de silvicultura das masas de frondosas supón un salto cualitativo.

Trátase maioritariamente de axudas destinadas a comunidades de montes veciñais en man común, pero tamén son perceptores as asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, proindivisos, entidades locais, comunidades de bens, montes de varas, Sofor e propietarios particulares de xeito individual. Ademais, a xestión forestal sustentable foi obxecto de priorización, toda vez que aqueles montes ordenados baixo sistemas de certificación forestal obtiveron a máxima puntuación.

Estas axudas están bianualizadas e practicamente a totalidade da contía concedida (sobre o 90%) correspóndese ao primeiro semestre do vindeiro ano 2021. Deste xeito, a Consellería adiántase e asegura unha necesaria continuidade na actividade das brigadas silvícolas. Cabe lembrar que, segundo os datos da Asociación de Empresas Forestais de Galicia (Asemfo), esta concesión de axudas públicas reforza o compromiso en políticas de emprego activo no sector forestal galego.

O obxectivo desta axuda pública enmárcase no fomento dunha “nova arquitectura verde” a prol da sustentabilidade, da prevención, da multifuncionalidade e da posta en valor dos montes co fin de que constitúan a cerna dun sector forestal que se consolida definitivamente como unha actividade rural identificativa de Galicia.

Outras liñas de xestión forestalDoutra banda, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal tramitou ata o de agora pagamentos por outros 309.000 euros, nas diferentes liñas de axudas en materia de xestión forestal activa nos montes galegos que benefician a 12 entidades e particulares da provincia da Coruña, que presentaron o remate dos traballos neste ano 2020. En concreto, trátase das ordes bianualizadas convocadas e concedidas no ano 2019 referidas ás axudas para forestación de terras non agrarias, para silvicultura preventiva e elaboración de instrumentos de ordenación e xestión forestal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre