Inicio Galicia A Xunta concede 360.000? en axudas a seis asociacións e 36 comercios...

A Xunta concede 360.000? en axudas a seis asociacións e 36 comercios das bisbarras de Pontevedra e O Morrazo para impulsar o sector

0
image_gallery.jpg

Luisa Piñeiro e a alcaldesa de Marín manteñen un encontro coas presidentas do Centro Comercial Estrela e da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos


A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, vén de conceder 360.278€ a seis asociacións e 36 comercios das bisbarras de Pontevedra e O Morrazo para impulsar investimentos por 615.091€ no marco de senllas liñas habilitadas para apoiar ao sector a través dos colectivos e da orde de impulso á innovación, a dixitalización e as novas formas de comercialización dos establecementos.

En concreto, o executivo galego concedeu 137.085€ en subvencións ás asociacións Centro Comercial Estrela de Marín, Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín, CCU Zona Monumental de Pontevedra, Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Bueu, Bueucentro e Caldas Centro Comercial Aberto para o desenvolvemento de diversos proxectos que mobilizarán 221.245€ para a promoción deste ramo.

Paralelamente, tamén se outorgaron 223.193€ en axudas a 36 establecementos comerciais destas bisbarras para a execución de iniciativas de innovación, dixitalización e novas formas de comercialización que contribuirán á modernización dos seus negocios cun investimento global de 393.846€. Entre os beneficiarios figuran 25 establecementos de Pontevedra, 2 de Marín, 2 de Caldas de Reis, 2 de Moraña e un de Cerdedo-Cotobade, Catoira, Vilaboa, Poio e Bueu.

Por este motivo, a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, desprazouse esta mañá ata Marín para manter, na compaña da alcaldesa, María Ramallo, un encontro coas presidentas do Centro Comercial Estrela e da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos, Isabel Torres e Begoña Rosales, que son dúas das entidades beneficiarias con senllas axudas de 40.005€ e 9.800€, respectivamente, para a realización de iniciativas de promoción do sector do comercio.

A representante autonómica, que coñeceu o funcionamento do mercado marinense, interesouse polos proxectos subvencionados, que consistirán nun escaparate virtual e unha campaña de dinamización comercial e de fidelización dos clientes no caso da asociación Estrela e do desenvolvemento da plataforma de venda mercadomarin, a adquisición dunha moto eléctrica para entregas e reparto e as campañas promocionais do Nadal e do Entroido na Praza de Abastos.

Luisa Piñeiro agradeceu o encontro para coñecer de primeira man os plans de futuro “dun sector estratéxico para Marín e para toda Galicia” e valorou moi positivamente as iniciativas impulsadas por estas dúas asociacións, xa que cre que “poden ter un gran alcance para axudar decisivamente ao comercio nun momento especialmente complicado pola crise sanitaria e serán importantes para a reactivación socioeconómica de Marín”. Ademais, destacou o “compromiso irrenunciable” da Xunta de Galicia co comercio e puxo como exemplo as importantes axudas de impulso para este sector concedidas polo executivo galego neste momento e que superan os 350.000€ nas bisbarras de Pontevedra e O Morrazo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre