Inicio Galicia A Xunta comunícalle ao Concello de Cambre o próximo inicio do procedemento...

A Xunta comunícalle ao Concello de Cambre o próximo inicio do procedemento expropiatorio para executar as beirarrúas da Xira ante o incumprimento municipal da posta á disposición dos terreos

0

A Administración local comprometérase a conseguir os terreos para a execución das obras, pero nunca os chegou a poñer á disposición da Xunta de modo completo

A Xunta de Galicia iniciará nas vindeiras semanas o procedemento expropiatorio necesario para executar un itinerario peonil e ciclista na parroquia de Sigrás, no lugar da Xira, en Cambre, ante a imposibilidade do Concello de posta á disposición dos terreos necesarios, como tiña comprometido.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, remitiu hoxe un escrito comunicándolle ao alcalde a decisión adoptada ante a falta de vontade “real” de levar adiante a actuación por parte do Concello de Cambre.

Deste xeito, e “para eliminar de modo definitivo aos veciños da incerteza acerca da viabilidade da actuación”, desde a Axencia Galega de Infraestruturas procederase a iniciar o procedemento expropiatorio co sometemento a información pública do proxecto, dando por descartado o cumprimento do compromiso do Concello de poñer á disposición da Xunta os terreos necesarios de modo completo para a execución da senda.

Na súa misiva, Francisco Menéndez lembra que a Axencia Galega de Infraestruturas redactou un primeiro proxecto para a construción do itinerario peonil e ciclista na AC-214, na zona da Xira, que se debeu adaptar aos requirimentos para poder ser financiado por fondos europeos do Plan de Sendas de Galicia. Por esixencias posteriores do Concello de Cambre, esa reformulación resultou dun importe inasumible de acordo cos criterios e ratios de financiamento europeo, polo que o proxecto debeu ser reformulado unha senda vez, aprobándose, finalmente, con data de 12 de febreiro de 2020.

Xa en outubro de 2019, a Xunta remitiu ao Concello de Cambre unha proposta de acordo de colaboración para a execución das obras, á que a Administración local non respondeu. Unha vez aprobado o proxecto, en febreiro deste ano, remitíuselle de novo a proposta de colaboración á que o Concello de Cambre respondeu poñendo novas trabas.

Ante a falta de vontade por parte do Concello de Cambre de impulsar a actuación, a Xunta adoptou a decisión de iniciar o procedemento expropiatorio, co sometemento a información pública do proxecto, para poder avanzar na construción do itinerario peonil e ciclista na AC-214 en Sigrás, na zona da Xira.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre