Inicio Galicia A Xunta comprométese coa prevención das patoloxías laborais por sobreesforzo que afectan...

A Xunta comprométese coa prevención das patoloxías laborais por sobreesforzo que afectan con máis asiduidade ás mulleres

0
image_gallery.jpg

As enfermidades por trastornos musculoesqueléticos centran a celebración da Semana Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo desde hoxe


A Xunta súmase á conmemoración desde hoxe da Semana Europea para a Seguridade e Saúde no traballo -que este ano se centra na incidencia dos trastornos musculoesqueléticos no eido laboral- co compromiso de reforzar a prevención das patoloxías por sobreesforzo que afectan con especial incidencia ás mulleres traballadoras de sectores nos que se exercen cargas excesivas ou se manteñen posicións repetitivas.

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) aposta por reforzar os programas específicos de prevención para sectores con actividades desempeñadas principalmente por mulleres que, pola súa forma de traballar, presentan unha alta incidencia dos trastornos musculoesqueléticos por sobreesforzo; en especial, polo levantamento de pesos ou a reiteración de posturas durante o traballo.

A Xunta mantén activos programas formativos específicos dirixidos a colectivos de mariscadoras, redeiras ou coidadores de persoas dependentes, dos que se beneficiaron ata o momento máis de 300 profesionais. Por medio do Issga ofrécese formación específica para cada sector e información sobre os mellores métodos de traballo e riscos ergonómicos das mesmas.

Os accidentes laborais por sobreesforzos supoñen o 34,12% do total de accidentes laborais en xornada laboral, sendo nas mulleres o 37,27%. Por sectores, abranguen desde un 17,69% na agricultura, ata un 36,12% nos servizos, con valores intermedios na construción (31,89%), industria (33,81%) e a pesca (34,98%).

Como membro da Rede Española de Seguridade e Saúde no Traballo, o Issga contribúe á difusión das mensaxes no eido da Semana Europea para a Seguridade e Saúde no traballo que este ano se celebra co lema Traballos saudables: Relaxemos as cargas que ten por obxecto promover unha axeitada cultura da prevención de riscos.

O Issga comprométese a continuar en 2021 co programa previsto no seu Plan anual encamiñado á prevención dos sobreesforzos cara a evitar ou minimizar o máis posible os danos para a saúde.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre