Inicio Galicia A Xunta comprométese a analizar cos sindicatos as medidas contra a rata...

A Xunta comprométese a analizar cos sindicatos as medidas contra a rata toupa que propoñan os técnicos unha vez revisen as parcelas afectadas

0

A Consellería do Medio Rural acordou coas centrais agrarias deixar o mes de febreiro para que os técnicos traballen e propoñan as solucións máis axeitadas para cada zona, sempre cumprindo a normativa vixente


O conselleiro do Medio Rural, José González, comprometeuse co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, e coa secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, a analizar conxuntamente as medidas contra a rata toupa que propoñan os técnicos unha vez supervisen os terreos afectados. No encontro, no que tamén participou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, a Xunta acordou cos sindicatos darlles de marxe aos profesionais o mes de febreiro para que determinen a poboación de roedores e avalíen as solucións máis axeitadas para cada zona.

A Consellería do Medio Rural leva semanas desprazando varios técnicos ata os concellos nos que se rexistrou a presenza da rata toupa para comprobar a afectación comunicada polos propios agricultores e gandeiros, que cifraban en 1629,63 hectáreas a superficie con presenza deste animal nun total de 2995 parcelas das Nogais, Baralla, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela. Unha vez elaboren o pertinente informe, o conselleiro e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias comprometéronse a reunirse de novo cos sindicatos, e posteriormente cos afectados, para tratar as solucións, sempre compatibles coa actividade agrogandeira e co medio ambiente e en estrito cumprimento da normativa vixente. Neste senso, analizáronse cuestións como a posibilidade de estudar medidas para garantir o aprovisionamento de forraxes ás explotacións.

Na xuntanza entre a Consellería e as centrais agrarias tamén se decidiu programar visitas a Galicia de expertos sobre a rata toupa procedentes de Asturias para que poidan asesorar á Xunta sobre as medidas a adoptar. Así mesmo, os representantes de Medio Rural puxeron en coñecemento dos sindicatos que tanto a Consellería de Medio Ambiente como o Ministerio acordaron enviar máis aves rapaces á comunidade como medio para controlar a poboación de rata toupa.

Nun primeiro momento, os propios afectados trasladaron á Xunta que as medidas a levar a cabo non terían efecto en períodos de choiva nin de neve, unhas condicións que, como é sabido, viñéronse dando desde novembro de 2019 ata practicamente finais do pasado ano.

Neste senso, cabe lembrar que o persoal da Xunta xa traballou sobre o terreo en novembro pasado. Naquel momento, os gandeiros e agricultores afectados comprometéronse a trasladar os datos da incidencia despois da Ponte da Constitución. Posteriormente, eles mesmos solicitaron que se ampliase ese prazo de declaración, algo que a Consellería aceptou, prolongándoo ata despois da festividade de Reis.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre