Inicio Galicia A Xunta comproba as actuacións na rede de saneamento de varias parroquias...

A Xunta comproba as actuacións na rede de saneamento de varias parroquias de Zas levadas a cabo grazas ao Fondo de Compensación Ambiental

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, fixeron tamén balance das inversións previstas nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron esta mañá o concello de Zas, para comprobar as actuacións levadas a cabo na rede de saneamento en varias parroquias do concello e facer balance das axudas que a Vicepresidencia da Xunta destinará este ano ás comarcas de Bergantiños e Costa da Morte.

No caso concreto de Zas, visitaron as obras previstas no Fondo de Compensación Ambiental de mellora nos bombeos nas redes de saneamento de San Cremenzo e Fornelos que conta cun investimento de 45.600 euros, xa que como indicaron nestas parroquias existen redes de saneamento, pero hai zonas que se deben completar e redeseñar polas continuas verteduras existentes.

No núcleo de San Cremenzo, na zona denominada Os Regos, existe rede de colectores pero é necesaria a instalación dun bombeo para redirixir a auga cara á depuradora. No núcleo de Fornelos, parte do saneamento diríxese a unha fosa séptica que debe ser reutilizada e reformada para instalar un bombeo que dirixa a auga cara á depuradora existente.

Leer más:  Jácome desoye las advertencias del Ministerio de Hacienda y despide al interventor municipal

Marta Fernández-Tapias indicou que grazas as axudas da Vicepresidencia nesta comarca investiranse 498.684 euros para facer obras en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Entre as actuacións destacan a recuperación da contorna da caseta de pescadores e piragüismo de Ponte Olveira en Dumbría con 149.846 euros, investimentos e servizos medio ambientais en Vimianzo con 116.088 euros ou a posta en marcha dunha cuadrilla medioambiental e proxecto de mellora da iluminación pública na Grela, Tasaraño e Costa en Camariñas.


- Te recomendamos -