Inicio Galicia A Xunta completa a segunda rolda de participación de expertos para a...

A Xunta completa a segunda rolda de participación de expertos para a elaboración do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030

0

A Administración galega contou coa colaboración de máis de 300 expertos de diferentes eidos


A Xunta completou este mes a segunda rolda de participación de expertos para a elaboración do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030. En total, a Administración galega contou ao longo do mes de decembro coa colaboración de máis de 300 expertos de diferentes eidos co obxectivo de deseñar, entre todos, este novo Plan e afrontar con éxito os retos da Galicia da vindeira década.

O Plan Estratéxico será a folla de ruta das actuacións de todo o Goberno galego para a vindeira década, e dará continuidade ao actual Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020. Os traballos preparatorios teñen como obxectivo establecer as prioridades e retos do novo Plan Estratéxico, e para iso é fundamental abordar previamente este proceso cos diferentes expertos de cada eido. Isto realízase a través de mesas de traballo temáticas nas que participan os diferentes axentes, entre os que se inclúen representantes de colectivos sociais, sectoriais, empresariais ou da administración pública.

En total realizáronse catro grupos de traballo. No primeiro, tratouse sobre dinamización demográfica e benestar, con mesas sobre familia, sanidade, emprego, educación e vivenda. O segundo, versou sobre medio ambiente e cambio climático con mesas relacionadas co ciclo da auga, a eficiencia enerxética ou a mobilidade.

O terceiro estivo relacionado coa competitividade, con mesas sobre I+D+i, tecnoloxías da información, fomento de actuacións económicas ou infraestruturas. Finalmente, o cuarto grupo tratou sobre cohesión social e territorial, con mesas de traballo sobre inclusión social e igualdade, ordenación do territorio emigración ou cultura.

Comunidade pioneira na planificación estratéxicaGalicia é a comunidade autónoma de referencia en vencellar a acción de Goberno á planificación estratéxica. De feito, foi pioneira na aprobación dun plan estratéxico de carácter global, e este será o terceiro plan que aproba a Comunidade Autónoma despois dos xa aprobados para os períodos 2010-2014 e 2015-2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre