Inicio Galicia A Xunta completa a ampliación e aglomerado da LU-124 entre Lindín e...

A Xunta completa a ampliación e aglomerado da LU-124 entre Lindín e A Cruz da Cancela, estrada na que investirá en conxunto máis de 3 millóns de euros

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que só restan traballos nas cunetas e na sinalización, polo que as obras estarán rematadas en outubro


A Consellería de Infraestruturas e Vivenda rematou os traballos de ampliación da calzada e de extensión do novo aglomerado na estrada LU-124 entre Lindín e A Cruz da Cancela, un proxecto no que inviste 1.800.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou hoxe a marcha das obras, executadas ao 85 por cento e que estarán listas no mes de outubro, de non producirse incidencias, acorde co calendario marcado inicialmente.

Na visita participaron tamén os alcaldes de Mondoñedo, Elena Candia; Riotorto, Clemente Iglesias, e da Pontenova, Darío Campos, entre outros. Os traballos desenvolvéronse entre os puntos quilométricos 8+200 (enlace coa autovía) e 15+240 (glorieta existente na intersección coa LU-122, limítrofe co Concello de Riotorto) e consistiron no ensanche da estrada, ata acadar os 6,5 metros, e na rehabilitación do firme e instalación de elementos de seguridade. Neste momento resta executar melloras nas cunetas, balizamento e defensas así como a sinalización horizontal e vertical.

Leer más:  Cancelada la procesión del Santo Entierro de Orense por la previsión de lluvia

Un terceiro proxecto en marchaBalseiro subliñou que a Xunta vai completar a mellora integral da estrada LU-124, que conecta os concellos de Mondoñedo, Riotorto e A Pontenova ademais de dar acceso á autovía A-8 a estes municipios e ao da Pastoriza.

Así explicou que entre as obras xa executadas, estas actuacións en marcha e as previstas no futuro, falamos dun investimento que supera os 3 millóns de euros.

De feito, as obras entre Lindín e A Cruz da Cancela avanzan en paralelo coa tramitación doutro contrato para o tramo entre Riotorto e Vilameá, xa licitado e que está en fase de adxudicación, e ao que se destinan 604.000 euros.“Ambas actuacións -afirmou o delegado- veñen a sumarse á mellora executada no ano 2015 no treito entre Mondoñedo e Lindín, cun investimento de 770.000 euros, de forma que o firme quedará renovado na práctica totalidade do percorrido”.


- Te recomendamos -