Inicio Galicia A Xunta comparte coas deputacións provinciais solucións conxuntas no novo escenario de...

A Xunta comparte coas deputacións provinciais solucións conxuntas no novo escenario de recuperación do turismo

0

A directora de Turismo, Nava Castro, reuniuse hoxe por videoconferencia con responsables da Área de Turismo das catro deputacións provinciais

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe cos deputados da Área de Turismo das catro Deputacións provinciais para abordar os efectos da crise sanitaria do coronavirus está a ter no sector e compartir as medidas propostas do Plan de Reactivación do Sector Turístico posto en marcha pola Xunta.

Todos coincidiron na necesidade de avanzar na coordinación entre administracións, especialmente no proceso de apertura dos establecementos durante a desescalada e na aplicación dos protocolos hixiénico-sanitarios que o Goberno central está elaborando a través do Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE) para garantir a máxima seguridade dos establecementos e destinos.

A reunión permitiu afondar polo miúdo nalgunhas das nas medidas do Plan de Reactivación do Sector Turístico posto en marcha pola Xunta de Galicia coa intención de fomentar o emprego, xerar liquidez no tecido empresarial galego e reactivar o consumo. Trátase dunha folla de ruta elaborada con fondos autonómicos, pero que foi compartida cos representantes das institucións provinciais para a súa análise e co obxectivo de que complementen os seus eixos de actuación a través das súas políticas públicas.

Novas vías de colaboraciónNeste sentido, coincidiuse na necesidade de manter unha mensaxe coordinada nas estratexias de promoción do destino e valoráronse novas vías de colaboración interadministrativa para poder impulsar a adecuación dos establecementos aos protocolos e impulsar o turismo interno con iniciativas como o programa Queda en Galicia, entre outras.

Esta reunión enmárcase nas accións que a Xunta está a manter nestas semanas co sector e coas diferentes administracións e axentes implicados para traballar no novo escenario turístico e elaborar os protocolos e medidas máis axeitados en cada escenario. O encontro dá tamén continuidade á última xuntanza do Consello Galego de Turismo na que foron convidados os representantes provinciais e na que se recolleron as achegas de todos os axentes e administracións implicadas no desenvolvemento deste sector.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre