Inicio Galicia A Xunta comezará a vindeira semana as obras de mellora de seguridade...

A Xunta comezará a vindeira semana as obras de mellora de seguridade na estrada PO-325, no Concello de Nigrán

0

Os traballos, cun prazo de execución dunhas dúas semanas, realizaranse entre os puntos quilométricos 10+600 e 13+700 da citada estrada e centraranse no reforzo da sinalización

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comezará a vindeira semana a execución de obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-325, no Concello de Nigrán.

Os traballos, cun prazo de execución de dúas semanas aproximadamente, levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 10+600 e 13+700 da citada estrada.

As obras centraranse no reforzo da sinalización e balizamento en cruces co fin de facilitar a súa percepción. Así, colocaranse balizas nos illotes de tres glorietas e dous cambios de sentido existentes no treito entre o Pq. 10+600, en Panxón, e 13+700, á altura de praia América. Nas glorietas instalaranse captafaros de led solares.

Tamén se repintarán as marcas viarias destas interseccións e se instalarán novas sinais verticais para mellorar a indicación dos cruces e a presenza de ciclistas.

Estas actuacións están enmarcadas na estratexia deseñada pola Xunta para ter eliminados en 2020 todos os tramos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas mediante a execución de 40 actuacións en 90 km, cun investimento de 12,3 millóns de euros.

Leer más:  Los ayuntamientos de Málaga y Sevilla destacan por su gran previsión de superávit en 2024, según la Airef

A Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de proporcionar aos usuarios unhas vías seguras e cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.


- Te recomendamos -