Inicio Galicia A Xunta comezará a vindeira semana as obras de mellora de firme...

A Xunta comezará a vindeira semana as obras de mellora de firme nas estradas LU-212 e LU-642, nos concellos de Monterroso, Sarria, O Incio e Taboada

0

Estas actuacións forman parte dun contrato máis amplo que se licitou por un importe de máis de 900.000 eurosNa estrada LU-212, que conecta Taboada e Monterroso, actuarase desde o Pq. 0 ao 10+800, reparando o firme nos puntos que presentan deformacións

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comezará a vindeira semana as obras de mellora do firme nas estradas LU-212 e LU-642, ao seu paso polos concellos de Monterroso, Sarria, O Incio e Taboada.

Estas actuacións, cuxo remate se prevé antes de que finalice o ano, forman parte dun contrato máis amplo que se licitou por un importe de máis de 900.000 euros.

O proxecto contempla actuacións de mellora na estrada LU-212, que conecta Taboada e Monterroso. O treito da actuación abrangue, en concreto, desde o PQ 0+000 ao 10+800, reparando o firme nos puntos que presentan deformacións, mediante o fresado e reposición da capa de rodadura. Ademais, renovarase a sinalización.

Neste contrato tamén se inclúe a LU-642, entre Oural e O Incio, onde está previsto mellorar a seguridade viaria e as condicións de circulación do tráfico rodado en 8,3 Km desta vía, en concreto, dende o punto quilométrico 0+000 ao 8+300.

Leer más:  Diego Calvo, muy agradecido por la confianza de Rueda: "Daré lo mejor de mí"

Nesta estrada construiranse cunetas tendidas de seguridade nalgúns puntos, ademais de renovar a sinalización e as barreiras onde é preciso.

A Xunta, coa execución deste tipo de traballos, continúa co desenvolvemento do Plan de reforzos de firme, que nos Orzamentos para 2018 incrementa de modo moi importante a súa dotación de 15 a 20 millóns de euros.

O Goberno galego segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias. 


- Te recomendamos -