Inicio Galicia A Xunta comezará a traballar no Plan de conservación da paisaxe protexida...

A Xunta comezará a traballar no Plan de conservación da paisaxe protexida Os Penedos de Pasarela e Traba en 2019

0

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, reuniuse co alcalde de Vimianzo e con representantes municipais do Concello de Laxe para abordar o futuro deste espazo natural e estudar posibles actuacións para a súa posta en valor


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda impulsará o próximo ano os traballos necesarios para elaborar o plan de conservación da paisaxe protexida os penedos de Pasarela e Traba. Así llo avanzou hoxe a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, e a representantes municipais do Concello de Laxe, cos que mantivo unha reunión para abordar o futuro deste espazo natural que se estende por ambos concellos, así como os plans do seu departamento para poder dotalo dun novo instrumento de planificación.

Tal e como lles explicou a directora xeral, o seu departamento impulsará o inicio dos traballos para a redacción deste plan a comezos do ano que vén e tentará fixar canto antes un cronograma cos pasos e trámites a seguir.

Os penedos de Pasarela e Traba, declarados paisaxe protexida no ano 2008, son un conxunto de elevacións graníticas que ocupan unha superficie de aproximadamente 212 hectáreas. Máis alá do seu notable interese xeolóxico, estes penedos tamén destacan como elementos figurativos e culturais da paisaxe na que se localizan.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

Outras vías de colaboraciónAsí mesmo, os representantes de ambos concellos tamén lle trasladaron á directora xeral o seu interese en acometer unha serie de actuacións que contribuirían a mellorar a contorna e a darlle máis visibilidade a esta zona protexida, que constitúe unha prolongación natural ao leste da veciña serra de Pena Forcada.

Ao respecto, Belén do Campo comprometeuse a estudar posibles vías de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e os concellos de Laxe e Vimianzo en materia de limpeza e sinalización dos penedos de Pasarela e Traba co obxectivo de poñer en valor e difundir entre os visitantes os valores naturais, culturais e paisaxísticos deste espazo.  


- Te recomendamos -