Inicio Galicia A Xunta comeza o seu labor de promoción turística internacional coa participación...

A Xunta comeza o seu labor de promoción turística internacional coa participación na Feira Boot de Düsseldorf

0

O certame, que arranca hoxe nesta cidade de Alemaña e este ano celebra a súa XVII edición, está especializado en turismo náutico

A Xunta de Galicia inicia hoxe na cidade alemá de Düsseldorf a actividade de promoción internacional do destino Galicia deste ano 2020. Neste sentido, o Goberno galego estará presente na feira BOOT, o maior escaparate náutico do continente que durante unha semana atraerá a expertos e afeccionados ata o recinto feiral desta cidade alemá.

Neste caso concreto de BOOT, a Xunta de Galicia estará representada en Alemaña a través das Consellerías de Cultura e Turismo e do Mar que contarán cun expositor de 16 metros cadrados a través do que difundirán a oferta náutica da Comunidade galega. Cómpre lembrar que este importante evento contou o pasado ano con máis de 250.000 visitantes e 2.000 expositores.

O Goberno galego desenvolve anualmente un calendario de promoción anual do turismo náutico galego que leva a Galicia a participar nos principais foros de comercialización deste sector.

Así, ao longo do ano 2020 está previsto que estes departamentos autonómicos participen nos certames Southampton Boat Show 2020, entre os días 11 e 20 de setembro, e en Le Grand Pavois de La Rochelle, que terá lugar ao longo dos días 29 de setembro e 4 de outubro. O Salón Nautique de París pechará a promoción internacional da oferta náutica galega o mes de decembro, entre os días 5 e 13, nun dos mercados especializados do mundo.

Balance do turismo estranxeiroEsta nova acción promocional lévase a cabo despois de que o pasado ano se realizaran máis de 100 accións de promoción en 30 países. Son accións que dan resultados tanto a medio como a longo prazo, tal e como se reflicte no balance do turismo estranxeiro da última década presentado no último Consello da Xunta. Trátase dun informe que revela que accións promocionais como a que se levará a cabo en Düsseldorf están contribuíndo a consolidar e fidelizar os principais mercados emisores, en especial con Portugal, Alemaña, Francia, Italia ou Reino Unido, así como a ampliar e diversificar os mercados con gran potencial. De feito, desde 2009 o número de turistas estranxeiros duplicouse ao pasar de 700.000 a 1,4 millóns.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre