Inicio Galicia A Xunta comeza hoxe a mellora da travesía de San Eufrasio, en...

A Xunta comeza hoxe a mellora da travesía de San Eufrasio, en Lugo, o tramo con maior intensidade de tráfico das estradas autonómicas na provincia

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou a zona e explicou que está previsto que se estenda a nova capa de rodaxe no prazo de dúas semanas


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dá comezo hoxe ás obras de acondicionamento da travesía de San Eufrasio, en Lugo, a vía urbana está situada no arranque da estrada LU-530 (Lugo-A Fonsagrada). A actuación conta cun orzamento de 300.700 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou a zona e lembrou que se trata dunha mellora importante por canto afecta ao tramo con maior intensidade de tráfico da rede de estradas autonómicas na provincia. Diariamente circulan unha media de 10.000 vehículos por esta vía, que constitúe o acceso preferente á cidade polo leste e serve para acceder ao hospital Lucus Augusti e á autovía A-6.

Os traballos consistirán no arranxo integral da calzada entre a estación do ferrocarril (o punto quilométrico 0,00) e o enlace coa autovía A-6 (punto quilométrico 3,60). Durante esta primeira semana realizaranse os fresados e na seguinte está prevista a renovación da capa de rodaxe sempre que as condicións climatolóxicas o permitan. Actuarase en ambos carrís alternativamente, de xeito que sempre haxa un aberto á circulación. Tamén se vai a renovar a sinalización horizontal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre