Inicio Galicia A Xunta comeza as obras para a ampliación e reforma da escola...

A Xunta comeza as obras para a ampliación e reforma da escola infantil da rede a Galiña Azul en Cedeira

0

Aumentarase a capacidade do centro en 20 prazas, polo que chegará ás 78


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou hoxe, na escola infantil da rede a Galiña Azul de Cedeira, na firma da acta de replanteo das obras de ampliación e reforma deste centro. A actuación aumentará en 20 o número de prazas ofertadas para nenas e nenos de 0 a 3 anos, polo que pasará de 58 a 78.

Este acto supón o anuncio do inicio inmediato das obras, cun investimento total previsto de máis de 141.000 euros. Deles, o Consorcio -que xestiona o centro- desembolsará 100.000 euros (cunha achega do 80% procedente de Fondos Feder da Unión Europea), mentres que o montante restante corresponderalle ao Concello de Cedeira. Da actuación encargarase a empresa Prace Servicios y Obras S.

A. cun prazo de execución máximo de seis meses.

O xerente do Consorcio salientou que as obras se levarán a cabo sen alterar o funcionamento ordinario do centro. Así mesmo, sinalou que se aproveitará o mes de agosto no que a escola permanece pechada por vacacións para levar a cabo os traballos mais complexos e que a intención é que as actuacións rematen antes do Nadal.

Ademais das intervencións propias da ampliación, executaranse outras actuacións de mellora entre as que se atopan o incremento do espazo das aulas, a reforma completa da cociña e a instalación dun sistema de ventilación natural na área de descanso para menores de 0 a 1 anos. Tamén se dotará ás instalacións de novos elementos de protección no desnivel interior que existe entre plantas.

Perfecto Rodríguez subliñou a importancia da colaboración entre administracións, que neste caso se plasma nun convenio entre Xunta e Concello asinado en xullo do pasado ano, e que fixo posible o comezo destas obras. A intervención mellorará a calidade da prestación do servizo nesta escola infantil que facilita a conciliación ás familias deste concello e da súa contorna.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre