Inicio Galicia A Xunta comeza as obras de conservación e mellora na estación de...

A Xunta comeza as obras de conservación e mellora na estación de autobuses de Vilagarcía de Arousa

0

Esta intervención, cun investimento de case 38.000 euros, ten un prazo de execución dunhas cinco semanas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de comezar as obras de conservación e mellora na estación de autobuses de Vilagarcía de Arousa.

A intervención, adxudicada á empresa OHL Ingesan S.

A. por un investimento de case 38.000 euros terá un prazo de execución dunhas cinco semanas.

Os traballos centraranse na limpeza da cuberta ou na realización de melloras de accesibilidade aos aseos.

Tamén se efectuará a rehabilitación de elementos como a valla perimetral, os surtidores en desuso, bancadas de espera, papeleiras deterioradas ou no canalón da marquesiña de dársenas.

Ademais levarase a cabo a instalación dunha pantalla informativa que facilitará os desprazamentos dos usuarios.

Estes traballos se enmarcan nun contrato máis amplo que o departamento de Mobilidade da Xunta para efectuar actuacións de acondicionamento en varias terminais de autobuses da comunidade como Ferrol, Cambados, Lalín, Xinzo de Limia e a propia Vilagarcía de Arousa, cun orzamento autonómico de case 134.000 euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, mediante estas accións, busca manter as instalacións en boas condicións para ofrecer aos usuarios uns servizos de calidade que fomenten o emprego do transporte público e respondan ás súas necesidades en materia de mobilidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre