Inicio Galicia A Xunta comeza as obras de conservación e mellora na estación de...

A Xunta comeza as obras de conservación e mellora na estación de autobuses de Cambados

0

A intervención, cun investimento de case 30.000 euros, terá un prazo de execución dunhas sete semanas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, comeza as obras de conservación e mellora da estación de autobuses de Cambados.

A intervención, adxudicada á empresa Construcciones Moncho Andrade S.

L. por un investimento de case 30.000 euros, terá un prazo de execución dunhas sete semanas.

Os traballos de mantemento consistirán na substitución do falso teito da cuberta da dársena e na realización de melloras na accesibilidade da cafetería.

Tamén se levarán a cabo a instalación dun rótulo de sinalización de estación de autobuses e a colocación dunha pantalla informativa que facilitará os desprazamentos dos usuarios.

Estas obras están enmarcadas nun contrato máis amplo que o Goberno galego vén de adxudicar para efectuar actuacións de acondicionamento en varias terminais de autobuses da comunidade como Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Lalín e Xinzo de Limia, cun orzamento autonómico de case 134.000 euros.

A Xunta, mediante estas accións, busca manter as instalacións en boas condicións para ofrecer aos usuarios uns servizos de calidade que fomenten o emprego do transporte público e respondan ás súas necesidades en materia de mobilidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre