Inicio Galicia A Xunta comeza a execución dunha nova senda peonil en Albarellos, no...

A Xunta comeza a execución dunha nova senda peonil en Albarellos, no concello de Monterrei

0
image_gallery.jpg

Esta actuación, cun investimento de máis de 180.000 euros, terá un prazo de execución de 6 meses


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de comezar as obras de execución dunha nova senda peonil en Albarellos, no Concello de Monterrei.

Esta actuación, cun investimento de máis de 180.000 euros, terá un prazo de execución de 6 meses.

O itinerario desenvolverase na estrada autonómica OU-143, cuxo trazado coincide co discorrer da Vía da Prata, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 1+460 e 1+800.

Trátase dunha senda a ambas dúas marxes da estrada, duns 340 metros de lonxitude, e un ancho mínimo de 1,9 metros. Executarase un pavimento de 15 centímetros cor gris natural, elevado 10 cm sobre a calzada, que inclúe zonas rebaixadas para facilitar as entradas de vehículos.

Tamén se acometerán dúas paradas de autobús e se instalará unha marquesiña, co obxectivo de mellorar as condicións de acceso ao transporte público.

A nova senda facilitará os desprazamentos cotiás dos veciños desta contorna dun xeito máis sustentable, cómodo e seguro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre