Inicio Galicia A Xunta colaborou cos concellos de Foz e Alfoz na posta en...

A Xunta colaborou cos concellos de Foz e Alfoz na posta en valor da ruta dos Castelos e o Miradoiro da Frouseira

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que Turismo de Galicia aporta o 75% do financiamento para acondicionar e sinalizar o percorrido e mellorar accesos


A Xunta colaborou cos concellos de Foz e Alfoz na posta en valor da Ruta dos Castelos e do miradoiro da Frouseira, un proxecto promovido conxuntamente por ambas administracións locais que contou co apoio do Goberno galego a través da Axencia de Turismo de Galicia.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acudiu hoxe ao alto da Frouseira para coñecer o resultado dos traballos de instalación dunha escaleira e un miradoiro de madeira, acompañado do alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e do tenente alcalde de Alfoz, Xabier Pardiñas.

A Administración autonómica financia o 75% do orzamento do proxecto mediante unha achega de 18.350 euros, dentro da convocatoria de axudas para a mellora da sinalización e da accesibilidade aos recursos turísticos. Balseiro subliñou que as axudas de Turismo de Galicia teñen por obxecto “consolidar a oferta turística nos municipios rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística”.

Leer más:  La Xunta aprobará el próximo lunes la matrícula gratuita para los nuevos estudiantes universitarios

O finalidade deste proxecto foi o acondicionamento e sinalización da ruta que comparten Alfoz e Foz e que discorre a carón do río Ouro, dende o castelo de Castrodouro (Ben de Interese Cultural -BIC-) ata o pé do alto da Frouseira, para culminar o percorrido nos restos da fortaleza da Frouseira.

A denominada Ruta dos Castelos ten un itinerario de 12,6 quilómetros e o obxecto deste proxecto foi instalar ao longo do percorrido elementos de sinalización e paneis interpretativos con información sobre a ruta e os puntos máis importantes polos que discorre. Coa actuación no alto da Frouseira pretendeuse dar solución aos problemas de accesibilidade, mediante a construción dunha escaleira de madeira que desemboca nun miradoiro. Esta intervención realizouse para facer posible desfrutar da paisaxe e contemplar os restos da fortaleza dun xeito seguro, ordenado e respectuoso.

Este proxecto favoreceu a mellora dun espazo que representa un importante recurso turístico para estes concellos, con elementos de gran valor paisaxístico, patrimonial e natural.  


- Te recomendamos -