Inicio Galicia A Xunta colaborará co Concello de Arbo na mellora da seguridade viaria...

A Xunta colaborará co Concello de Arbo na mellora da seguridade viaria da travesía de Cequeliños

0

A Consellería de Infraestruturas financiará as obras de reforzo de firme e de construción dunha senda na contorna da bodega e o pazo e o Concello asumirá a titularidade deste antigo tramo da PO-400


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza co alcalde de Arbo, Horacio Gil, na que lle trasladou o compromiso da Xunta para incrementar a seguridade viaria na travesía de Cequeliños.

Vázquez Mourelle confirmoulle ao rexedor que o seu departamento vai atender a solicitude municipal para impulsar actuacións de mellora da mobilidade nesta travesía de titularidade autonómica, no que se atopa a zona da bodega e dun pazo.

Segundo o acordado na reunión, o departamento de Infraestruturas financiará as obras de reforzo de firme, urbanización e unha senda neste tramo da travesía de Cequeliños. Pola súa banda, o Concello de Arbo se compromete a asumir a titularidade deste antigo tramo da PO-400.

A conselleira tamén comprometeu que o departamento que dirixe mantén a súa colaboración para encamiñar as solucións aos problemas que presentan o sistemas de abastecemento no núcleo de Arbo e para dotar de saneamento ao núcleo da Balouta, na parroquia de San Cristóbal.

No que se refire ao saneamento na parroquia de San Cristóbal, Ethel Vázquez expresou a disposición da Xunta para tramitar a contratación da redacción deste proxecto.

Neste eido, Ethel Vázquez indicoulle que está practicamente rematado o estudo de actuacións para á mellora da captación de Arbo, e que foi contratado este mesmo ano a través de Augas de Galicia por un importe de 18.000 euros.

En paralelo a estes traballos, comunicoulle ao alcalde que o organismo hidráulico da Xunta está a tramitar a contratacións das obras de impermeabilización de depósitos para tentar paliar as perdas de auga do sistema de abastecemento neste núcleo. O investimento previsto superará os 48.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre