Inicio Galicia A Xunta colabora no acondicionamento e mellora dos parques infantís do Concello...

A Xunta colabora no acondicionamento e mellora dos parques infantís do Concello de Foz

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, comprobaron hoxe o resultado dos traballos

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaron esta mañá as obras levadas a cabo no Concello de Foz ao abeiro das axudas da Vicepresidencia, acompañados polo seu alcalde, Javier Castiñeira.

O concello recibiu unha subvención de preto de 39.000 euros a través da Orde de infraestruturas de uso público que se destinou á mellora e acondicionamento dos parques infantís, A Lonxa, Álvaro Cunqueiro e Martínez Otero.

A Orde de infraestruturas de uso público conta para este ano cun orzamento de 3 millóns de euros, un 30 por cento máis que no exercicio anterior. A convocatoria publicouse o pasado 31 de decembro no Diario Oficial de Galicia, xunto coa liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental, dirixida tamén a entidades locais e dotada con 11 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre