Inicio Galicia A Xunta colabora na creación dun parque infantil cuberto no concello de...

A Xunta colabora na creación dun parque infantil cuberto no concello de Nogueira de Ramuín

0

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, os traballos levados a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público O investimento do Goberno galego no municipio sitúase arredor dos 1,3 M€ nos últimos anos e inclúe proxectos conxuntos con outros concellos para optimizar recursos


O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, os traballos levados a cabo no concello de Nogueira de Ramuín para construír un parque infantil cuberto no núcleo de Mundín.

Esta liña de axudas conta cun orzamento de catro millóns de euros un millón máis que o exercicio anterior, e precisamente na convocatoria deste ano prima os proxectos de cubrición de parques infantís. A través desta orde, os concellos poden crear, mellorar ou reformar infraestruturas básicas dos servizos municipais.

O vicepresidente primeiro da Xunta destacou a importancia de levar a cabo actuacións coma estas para colaborar coas necesidades dos concellos e contribuír á mellora da calidade de vida dos seus veciños. Esta colaboración supuxo nos últimos anos un investimento de case 1,3 millóns de euros por parte da Xunta no municipio.

Alfonso Rueda tamén incidiu na necesidade da cooperación entre os propios concellos con proxectos conxuntos que contribúan a optimizar recursos e evitar duplicidades. Así o vén facendo Nogueira de Ramuín durante varios anos xunto co municipio de Parada de Sil para a limpeza da ruta do centro BBT Ribeira Sacra, financiada a través do Fondo de Compensación Ambiental, ademais de melloras presentadas pola Mancomunidade Voluntaria de concellos da comarca de Ourense.

Outra das actuacións apoiadas pola Xunta este ano é para a brigada de protección e o mantemento de espazos ambientais, mediante unha solicitude conxunta con O Pereiro de Aguiar. O Goberno galego tamén colaborou na mellora a rede de saneamento e á eficiencia enerxética do alumeado público en varios núcleos do municipio. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre