Inicio Galicia A Xunta colabora cos colexios profesionais de graduados sociais para brindarlles orientación...

A Xunta colabora cos colexios profesionais de graduados sociais para brindarlles orientación acerca dos novos ERTE

0

A directora xeral de Relacións Laborais organizou sesións virtuais de asesoramento cos tres colexios galegos de graduados sociais sobre o actual marco laboral

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, mantivo nos últimos días cadansúas xornadas virtuais cos colexios profesionais de graduados sociais de Pontevedra, A Coruña-Ourense e Lugo sobre as novidades dos Erte tras a entrada en vigor, o pasado 1 de outubro, do novo decreto regulador dos mesmos.

As sesións virtuais de orientación, dirixidas pola directora xeral, Elena Mancha, foron presentadas polos tres presidentes dos colexios profesionais de Graduados Sociais: Raul Eugenio Gómez, do colexio de Pontevedra; Susana Soneira, do órgano representativo dos profesionais da Coruña e Ourense; e Manuel Núñez, polo Colexio de Lugo.

Nestes contactos os colexiados tiveron oportunidade de trasladar á directora xeral todas as súas dúbidas e inquedanzas en relación coa aplicación da nova normativa que afecta aos ERTE, tras a aprobación por parte do Goberno do Real decreto 30/2020 de 29 de setembro de medidas sociais en defensa do emprego.

O decreto prorroga a aplicación das medidas excepcionais para facer fronte ao impacto económico e social da covid-19, e regula tanto o novo modelo de ERTE, como as condicións dos traballadores en relación ás prestacións de desemprego e as bonificacións das cotas da seguridade social que se poderán aplicar as empresas, cuestións todas elas sobre as que afondaron os profesionais. Precisamente estas foron as cuestións que centraron os tres encontros virtuais celebrados desde a Consellería de Emprego e Igualdade.

As sesións de orientación a colectivos profesionais forman parte do traballo que a Xunta está a desenvolver para acompañar a empresas e traballadores e traballadoras ante os continuos cambios normativos derivados do contexto da pandemia, na busca de confianza de todos os sectores que permita enfrontar a recuperación económica o antes posible. Impulsar o diálogo social cos axentes sociais e económicos é unha prioridade do Goberno galego neste momento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre