Inicio Galicia A Xunta colabora con Feafes Galicia para favorecer a inserción laboral das...

A Xunta colabora con Feafes Galicia para favorecer a inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia coa directiva da Federación Saúde Mental de Galicia (Feafes Galicia)


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia coa directiva da Federación Saúde Mental de Galicia (Feafes Galicia) para avanzar en proxectos conxuntos que favorezan a inserción laboral de persoas con problemas de saúde mental para acadar unha igualdade real e efectiva, con idénticas oportunidades que o resto da cidadanía.

O encontro enmarcouse na rolda de contactos que Lorenzana mantén cos principais axentes sociais e económicos da Comunidade, cara a perfilar unha axenda que teña como prioridade a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado de traballo.

Na xuntanza, ademais da conselleira e da directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participaron o presidente de Feafes Galicia, Xosé Ramón Girón; o director autonómico, Antonio Hernández e a coordinadora de inserción laboral de Feafes, Carina Fernández.

A conselleira aproveitou a ocasión para felicitar a Feafes Galicia no mes no que cumpre 25 anos de traballo na Comunidade en prol do colectivo de persoas afectadas por problemas de saúde mental e dos seus familiares. Lorenzana deixou patente que a Consellería ten como unha das súas liñas prioritarias intensificar o traballo coas entidades que representan a colectivos con maior dificultade para a súa ocupación.

A Xunta mantén desde hai anos unha estreita colaboración coa entidade con apoios próximos aos seis millóns de euros na última década, especialmente dirixidos ao desenvolvemento de actividades de información, orientación e busca de emprego para as cerca de 70.000 persoas que representa á federación; e para programas integrados de emprego. Estas liñas de axuda compleméntanse coas ofrecidas en materia de igualdade para incentivar programas de mulleres en entidades de iniciativa social e as de fomento da contratación de persoas con discapacidade e persoas en situación de desemprego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre