Inicio Galicia A Xunta colabora con Acadar e Cogami para avanzar na igualdade das...

A Xunta colabora con Acadar e Cogami para avanzar na igualdade das mulleres con discapacidade

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo cos responsables de ambas entidades


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa presidenta de Acadar, Mónica Álvarez San Primitivo, e co presidente de Cogami, Anxo Queiruga, co obxectivo de avaliar liñas de colaboración para seguir avanzando na promoción da igualdade das mulleres con discapacidade.

Na reunión estudáronse os resultados das liñas de colaboración abertas ata agora e planificáronse as actuacións a ter en conta durante este ano.

A Xunta vén colaborando con ambas entidades para poñer en marcha medidas de información, sensibilización e promoción da igualdade. Así, por exemplo, colaborou con ACADAR no desenvolvemento de programas que teñen entre os seus obxectivos proporcionar unha atención personalizada e integral ás mulleres con discapacidade, potenciando as súas capacidades e competencias para o desenvolvemento dunha vida máis autónoma, con especial fincapé nas zonas rurais pouco poboadas.

O ano pasado tamén se editou a guía Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade, que pretende crear ferramentas que poidan axudar a previr a violencia sexual contra as mulleres con discapacidade, ao tempo que facilita a detección dos feitos e ofrece pautas de actuación.

Nesta mesma liña, en 2018 púxose en marcha o Programa Dedaleira-Unidade Querelar en colaboración con Cogami e Acadar. Esta iniciativa ten como obxectivo principal a detección e identificación de situacións que se poidan producir contra a liberdade e indemnidade sexual das mulleres con discapacidade. Desenvolveuse en tres fases: prevención, detección e intervención, enfocadas ao traballo en Centros de Educación Especial públicos nos ámbitos de formación ao alumnado, ao profesorado e ás familias; e asesoramento e seguimento dos casos existentes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre