Inicio Galicia A Xunta colabora coa mellora da competitividade da Federación de Redeiras O...

A Xunta colabora coa mellora da competitividade da Federación de Redeiras O Peirao a través dun convenio de colaboración

0


A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinou nos últimos días un convenio de colaboración coa presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, Verónica Veres, por importe de 3.000 euros, para mellorar a competitividade deste colectivo. O convenio asinado, que estará vixente ata o 16 de decembro, ten como obxectivo levar a cabo unha acción formativa dirixida ás súas asociadas coa finalidade de que adquiran coñecementos dixitais suficientes para facilitarlles o desenvolvemento das súas relacións electrónicas cos diferentes organismos públicos e privados que interveñen no seu ámbito profesional.

Así, celebraranse unhas xornadas sobre informática, internet e comunicacións electrónicas baixo o nome Continuamos nas redes. Con estas xornadas búscase que as redeiras se adapten aos novos tempos e xestionen por elas mesmas, de maneira sinxela e eficaz, a súa relación coas novas tecnoloxías facilitándolles o uso do material informático e afianzando os seus coñecementos sobre internet. Para o control do bo funcionamento do convenio, que estará vixente ata o 16 de decembro deste ano, crearase unha comisión de seguimento, composta por dous membros de cada unha das partes asinantes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre