Inicio Galicia A Xunta colabora coa Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal na...

A Xunta colabora coa Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal na formación de rapaces da comarca de Bergantiños en seguridade viaria

0

O Goberno galego achega un orzamento de case 15.000 euros para financiar esta iniciativa que se levará a cabo na casa reitoral de San Tirso de Cospindo, en Ponteceso, entre o 22 de xullo ata o 23 de agosto


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe o convenio de colaboración co xerente do padroado da Fundación Eduardo Pondal, José María Varela, co fin de de centrar a Escola de Verán deste ano na concienciación dos rapaces en materia de seguridade viaria.

A Xunta achega un orzamento duns 15.000 euros para realizar actividades de seguridade viaria dirixidas a rapaces con idades comprendidas entre os tres e os dezaseis anos.

Esta iniciativa desenvolverase na Escola de Verán na casa reitoral de San Tirso de Cospindo, en Ponteceso, dende o 22 de xullo ao 23 de agosto de 2019.

O programa, que abrangue o ámbito xeográfico dos concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Laxe e Malpica, rexistrou no verán pasado unha participación de máis de 100 nenos, cifra que tamén se prevé para esta edición.

A Escola de Verán de 2019 centrarase especificamente no eido da seguridade viaria, marcando como propósitos descubrir a importancia das normas e ter actitudes responsables cara as mesmas, aprender medidas básicas de primeiros auxilios ou concienciar sobre as consecuencias dos comportamentos desaxeitados nas estradas.

As xornadas serán impartidas por monitores que previamente realizarán unha formación da man de técnicos especialistas en seguridade viaria co fin de acadar os conceptos, nocións e valores esenciais para logo traballalos cos rapaces.

O calendario de actividades contempla obradoiros específicos para cada grupo de idade, xornadas de concienciación, contacontos, charlas e conferencias de invitados expertos, saídas, colaboración coa Universidade Rural e unha xornada de familias.

Entre estas actividades destaca a elaboración conxunta dun vídeo no que maiores e pequenos expliquen as normas a seguir como peóns e condutores. Esta peza audiovisual busca que os cativos afiancen todo o aprendido durante os días da Escola de Verán e traballen en equipo con persoas doutras idades.

Esta edición contará con convidados relacionados coa seguridade viaria como o persoal da xefatura Provincial de Tráfico; profesionais do 061; compoñentes da asociación Íntegro, que son vítimas de accidentes de tráfico; ou a visita de Sandra García, a primeira muller en participar no Campionato Galego de Autocross e no Campionato de España.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre