Inicio Galicia A Xunta colabora coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos...

A Xunta colabora coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo na loita contra a violencia de xénero

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, renovou o convenio de colaboración coa presidenta da asociación, María del Rosario Otero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asinou un novo convenio de colaboración coa presidenta da Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, María del Rosario Otero, para desenvolver accións de prevención da violencia de xénero e de atención ás súas vítimas. Á firma tamén acudiu a coordinadora e voceira da asociación, Rosa Fontaíña.

O acordo inclúe medidas para a sensibilización da poboación sobre esta lacra, ademais de apoio social e acompañamento e información ás vítimas de violencia machista na realización dos trámites que precisen.

López Abella destacou o compromiso da Xunta coas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro a través dunha liña de axudas para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade; mentres que nas asociacións e federacións de mulleres se fomenta o asociacionismo e a participación das mulleres.

A Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo vén traballando desde 1998 na prevención e na asistencia ás mulleres que sofren malos tratos, así como na formación e información sobre xénero.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre