Inicio Galicia A Xunta colabora coa Asociación Provincial de Hostalería de Lugo cun plan...

A Xunta colabora coa Asociación Provincial de Hostalería de Lugo cun plan integral enfocado a ampliar as oportunidades laborais de 85 persoas desempregadas

0


A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) no impulso do plan integral de emprego “Dimo Lugo III” dirixido a ampliar as oportunidades laborais de 85 persoas sen traballo.

O Goberno galego achega con este fin 204.000 euros que fan posible a realización deste programa, que comezou o pasado mes de decembro e que ten previsto desenvolverse ata finais do mes de novembro, isto é, cunha duración estimada dun ano.

O plan incorpora un programa específico de formación e prácticas laborais que mellorará a cualificación e desempeño dos futuros profesionais da hostalería e restauración, un ámbito de especial importancia nunha provincia con gran potencial turístico e de servizos como é a de Lugo.

Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen acompañado do presidente da Apehl, José Francisco Real, visitou ás persoas beneficiarias dun destes cursos que se imparten nas sedes sociais que a asociación de hostalería ten en Lugo (rúa Ramón Montenegro) e Monforte de Lemos (rúa Zapateira)As accións formativas son moi variadas e, de feito, os 85 alumnos participantes teñen a oportunidade de adquirir coñecementos teóricos e prácticos en ámbitos como a manipulación e hixiene alimentaria, operacións básicas de restaurante e bar, alfabetización informática, auxiliar de cociña e sala, camareiro/a de pisos, axudante de cociña, inglés básico para hostalería. entre outros, a inmensa maioría delas combinadas con prácticas laborais.

Leer más:  Galicia se prepara para una Semana Santa con un 80% de ocupación y con la mirada puesta en el cielo

O plan integrado inclúe tamén accións personalizadas de información, orientación e asesoramento nas técnicas de busca activa de emprego, coaching, prevención de riscos, obradoiro de entrevistas e competencias dixitais e redes sociais.

Outra das importantes vantaxes deste plan integrado de emprego é que prevé a inserción laboral dun mínimo do 30% dos seus participantes, unha vez finalizado o programa formativo.

Con características similares a este, a Xunta de Galicia desenvolve na provincia de Lugo cinco programas integrados de emprego, que buscan incrementar as oportunidades laborais de 425 persoas sen emprego o que supón un investimento de máis dun millón de euros, distribuídos entre as entidades promotoras: concellos e entidades sen ánimo de lucro. 


- Te recomendamos -