Inicio Galicia A Xunta colabora coa asociación galega de produtoras independentes na xornada de...

A Xunta colabora coa asociación galega de produtoras independentes na xornada de formación en liña ?A parte económica dos proxectos'

0
image_gallery.jpg

A actividade, que require inscrición previa a través do enderezo electrónico prensa@agapi.gal, desenvolverase o 21 de outubro a partir das 11,00 h.


A Xunta de Galicia colabora coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) na organización dunha xornada de formación en liña dedicada a analizar os aspectos económicos e financeiros dun proxecto audiovisual, que se desenvolverá o vindeiro mércores 21 de outubro a partir das 11,00 h. baixo o título A parte económica dos proxectos.

Esta acción forma parte das medidas do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19, ao igual que unha trintena de iniciativas de formación continua e capacitación profesional para as que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina 88.000 euros. Neste marco, ademais de Agapi, teñen asinado cadanseu convenio coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) outros tres colectivos empresariais representativos nos seus respectivos ámbitos: Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia (Agatec), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega).

A xornada será de balde e transmitida en streaming, pero será necesario inscribirse previamente antes do 19 de outubro enviando unha mensaxe a prensa@agapi.gal, facendo constar nome, apelidos e enderezo electrónico das persoas interesadas.

A parte económica dos proxectosA parte económica dos proxectos pretende poñer o foco en diversas cuestións como as complexidades e retos dos traballos levados a cabo en réxime de coprodución, o control de xestión ou as fontes financeiras.

Felipe Lage, presidente de Agapi e produtor en Zeitun Films, será o encargado da benvida e presentación de cada unha das relatoras da xornada: Valèrie Delpierre, produtora en Inicia Films; Sandra Tapia, produtora en Arcadia Motion Pictures; Amalia Saavedra, consultora en Olivo Consulting; Andrea Vázquez, produtora de Miramemira. Esta acción formativa rematará cun foro de preguntas que tamén moderará Lage.

Agapi é a asociación empresarial precursora do sector audiovisual galego. Agrupa produtoras de cine, televisión, publicidade e servizos, e leva contribuíndo activamente á consolidación e desenvolvemento da industria de Galicia dende o ano 1994.

Agapi foi a pioneira en organizar uns premios audiovisuais de carácter anual, que tiveron lugar entre os anos 1996 e 2001. A Asociación impulsou tamén a creación da Academia Galega do Audiovisual e do Clúster Audiovisual Galego (Clag). Na actualidade, colabora activamente con outras entidades como a Universidade de Santiago de Compostela (USC) ou EGEDA (Sociedade de Servizos para os Produtores Audiovisuais) e forma parte da xunta directiva da Asociación Culturgal. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre