Inicio Galicia A Xunta colabora co concello de Pontedeume e coa concesionaria do servizo...

A Xunta colabora co concello de Pontedeume e coa concesionaria do servizo municipal de augas para tratar de restablecer os parámetros que permitan o seu consumo pola poboación

0
image_gallery.jpg

Esta mañá colocáronse no río Eume as barreiras de contención que Augas de Galicia estaba a empregar nas obras do colector que está a executar no municipio, para tratar de minimizar a turbidez das augas


A Xunta, a través de Augas de Galicia, está a colaborar co Concello de Pontedeume e coa concesionaria do servizo municipal de augas para tratar de restablecer os parámetros que permitan o seu consumo por parte da poboación.

Esta mañá colocáronse no río unhas barreiras anti turbidez que Augas de Galicia estaba a empregar na obra do colector que está a executar no municipio, para tratar de reducir a turbidez das augas no río Eume.

Ademais estase a traballar na planta de tratamento, coa dosificación de diferentes reactivos co obxectivo de restablecer os parámetros que permitan o seu consumo.

Os traballos realizados deron xa os primeiros resultados, xa que en tres dos catro filtros da estación de tratamento se percibiu xa unha certa baixada da turbidez, aínda que é preciso seguir traballando para ver se esta mellora se consolida.

Con todo, continuarase traballando nesta liña e realizarase unha analítica completa para garantir o cumprimento de todos os parámetros que permitan restablecer o consumo da auga á poboación.

Desde o primeiro momento, Augas de Galicia deulle instrucións á empresa explotadora da presa para que adopte as medidas necesarias para solucionar os problemas de turbidez rexistrados á maior brevidade posible.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre