Inicio Galicia A Xunta colabora co concello de Noia para a adquisición dun vehículo...

A Xunta colabora co concello de Noia para a adquisición dun vehículo para tarefas medioambientais

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou esta tarde o concello de Noia, acompañada polo seu alcalde, Santiago Freire


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou esta tarde o concello de Noia, acompañada polo seu alcalde, Santiago Freire, onde fixo entrega dun vehículo híbrido destinado a tarefas medioambientais, que contou cun orzamento que supera os 37.000 euros, dos que o Goberno galego aportou o 73 % do custe total.

En total, nos últimos anos, este concello coruñés tense beneficiado de preto de 294.000 euros a través de varias ordes da Vicepresidencia.

Na convocatoria de axudas da Vicepresidencia para este ano, o concello de Noia foi beneficiado con preto de 28.000 euros foron para a dotación de iluminación e mobiliario edificio do concello de Noia, da Orde de Infraestruturas; e de máis de 70.000 euros para a adquisición de pala de rodas compacta con culler de volteo estándar e pinza portapalets, solicitado de maneira conxunta pola mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza, formada por Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Porto do Son. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre