Inicio Galicia A Xunta colabora co Concello de Moraña para optimizar o sistema térmico...

A Xunta colabora co Concello de Moraña para optimizar o sistema térmico do centro de interpretación de Santa Xusta

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron o Centro de Interpretación de Santa Xusta


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron esta mañá o Centro de Interpretación de Santa Xusta, no concello de Moraña, acompañados pola alcaldesa, Luisa Piñeiro, onde se levará a cabo unha actuación ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental para optimizar o sistema térmico do Centro.

Segundo indicou a directora xeral, a actuación ten como finalidade de que o Centro acade un aforro enerxético do sistema de emisores utilizados para a calefacción, mediante fan-coils combinados cun sistema de telexestión. Polo que isto sumado á caldeira de biomasa de pellets, previamente instalada, constitúen un sistema térmico óptimo.

Durante a súa visita, Marta Fernández-Tapias destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos.

As axudas que ascenderon a mais de 28.000 euros foron a cargo do Fondo de Compensación Ambiental, unha iniciativa posta en marcha no ano 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico. Estas axudas van destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre