Inicio Galicia A Xunta colabora co concello de Maceda cunha axuda de máis de...

A Xunta colabora co concello de Maceda cunha axuda de máis de 28.000 euros para a mellora da área infantil do Parque Francisco Carballo

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira visitaron esta mañá o concello de Maceda, acompañadas polo seu alcalde, Rubén Quintas


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira visitaron esta mañá o concello de Maceda, onde acompañadas polo seu alcalde, Rubén Quintas, comprobaron o resultado das melloras levada a cabo no Parque Francisco Carballo.

Segundo indicou Marta Fernández-Tapias, grazas á Orde de Infraestruturas de uso público, o concello recibiu unha axuda de 28.377 euros para levar a cabo melloras na área infantil do parque Francisco Carballo coa instalación dun castelo infantil multixogo e a colocación dun pavimento elástico de caucho continuo.

A Orde de infraestruturas de uso público conta para este ano cun orzamento de 3 millóns de euros, un 30 por cento máis que no exercicio anterior. A convocatoria publicouse o pasado 31 de decembro no Diario Oficial de Galicia, xunto coa liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental, dirixida tamén a entidades locais e dotada con 11 millóns de euros.

A convocatoria de axudas para infraestruturas municipais subvenciona, entre outras actuacións, a instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública; pavimentación de camiños públicos municipais; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de parques públicos e parques infantís; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias; e construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de instalacións deportivas de uso público e/ou dotación de equipamentos das referidas instalacións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre