Inicio Galicia A Xunta colabora co concello de Crecente na renovación da cuberta do...

A Xunta colabora co concello de Crecente na renovación da cuberta do centro de saúde de Filgueira cunha axuda de 20.000 euros

0
image_gallery.jpg

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asinou esta mañá o convenio co alcalde de Crecente para executar esta actuación


A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asinou esta mañá co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, o convenio entre a Xunta e o concello para renovar a cuberta do centro de saúde de Filgueira. A través do acordo, o Goberno galego financia con 20.000 euros esta actuación con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. Ao acto tamén asistiu a delegada da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro.

A Xunta dá resposta con este apoio á demanda do municipio para atender esta necesidade de carácter urxente co obxectivo de evitar humidades e filtracións e garantir a seguridade dos usuarios do centro de saúde. Natalia Prieto destacou que a Administración autonómica financia nos pequenos concellos proxectos coma este moi útiles para mellorar a calidade de vida dos cidadáns e que lles sería máis complicado executar ás entidades locais en solitario.

O Goberno galego destinou este ano 87.000 euros ao concello a través de distintas liñas de axudas. Xunto co convenio asinado hoxe, investiu 32.000 euros na mellora da eficiencia enerxética do alumeado público dos núcleos de Filgueira, Mon, Landa e Prado, ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. Ademais, no marco da Orde de Infraestruturas de uso público, a Xunta concedeu outros 35.000 euros á mellora dos accesos ao núcleo das Chans.

O investimento total da Administración autonómica no concello de Crecente nos últimos anos ascende a máis de 583.000 euros, e destinouse a melloras de eficiencia enerxética, reparación de estradas e accesos ou melloras no abastecemento de auga.

Trátase de actuacións financiadas pola Xunta mediante acordos ou subvencións como o Fondo de Compensación Ambiental, que este ano conta cun orzamento de 12,5 millóns de euros, ou a Orde de Infraestruturas de uso público, que na convocatoria deste exercicio dispón de catro millóns de euros, un millón máis que o ano pasado.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre