Inicio Galicia A Xunta clausura o obradoiro de emprego ?Támega IV? no que se...

A Xunta clausura o obradoiro de emprego ?Támega IV? no que se formaron 20 desempregados durante os últimos nove meses

0

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, participou no acto de entrega de diplomas aos participantes nesta iniciativa de emprego á que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou 280.000 euros


A Consellería de Economía, Emprego e Industria entregou hoxe os diplomas aos 20 alumnas e alumnos que se formaron no obradoiro de emprego Támega IV, que compartiron os concellos de Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Oímbra, Vilardevós e Laza.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou no acto de clausura desta iniciativa de emprego na que a Xunta investiu 280.000 euros e que serviu para ofrecer aos participantes durante os últimos nove meses formación teórica e práctica nas especialidades de colocación de pedra natural, actividades auxiliares de viveiros e xardinería, e atención sociosanitaria de persoas a domicilio. No proxecto tamén traballaron dous monitores, un director e un administrador.

Díaz Mouteira destacou “o importante esforzo que se está a facer desde a Xunta de Galicia para achegar a formación aos concellos e para ofrecer obradoiros adaptados ás necesidades actuais das empresas”. Neste senso, puxo en valor estes programas mixtos de formación e emprego que, segundo apuntou, incrementan a inserción no mercado de traballo dos seus participantes.

Leer más:  Ingresado en planta con evolución favorable el hombre apuñalado en el Orzán, en A Coruña

Na provincia de Ourense ao longo do curso 2017-2018 a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou máis de 4,6 millóns de euros a desenvolver un total de 19 programas mixtos de formación e emprego, 14 xerais e 5 específicos para menores de 30 anos a través do Sistema de Garantía Xuvenil, que beneficiaron a 355 persoas desempregadas.

Nova convocatoriaProximamente publicarase a resolución correspondente á nova convocatoria de axudas dos obradoiros duais de emprego e dos específicos para menores de 30 anos, dous programas que se porán en marcha no mes de setembro e cos que a Xunta prevé incrementar as oportunidades laborais de máis de 2.350 persoas desempregadas en Galicia.

Optaron a estas axudas, ao igual que outros anos, as administracións locais (con prioridade os Concellos Emprendedores), asociacións de entidades locais e mancomunidades e, no caso dos duais, tamén, como novidade este ano, as entidades sen ánimo de lucro do ámbito forestal constituídas e rexistradas como asociacións.

Os obradoiros duais combinarán un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa. Darase prioridade aos obradoiros forestais e aos vinculados ao Camiño de Santiago.

Leer más:  Este miércoles en Vigo se está llevando a cabo el juicio de dos personas acusadas de defraudar más de 80.000 euros mediante la venta de equipos médicos

Pola súa banda, os obradoiros de emprego dirixidos especificamente á mocidade tamén ampliarán a duración de seis a nove meses. 


- Te recomendamos -