Inicio Galicia A Xunta clausura o obradoiro de emprego de Sarria no que se...

A Xunta clausura o obradoiro de emprego de Sarria no que se formaron 20 desempregados durante os últimos nove meses

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, lembrou que o Goberno galego destinou para este fin preto de 280.000 euros


Un total de 20 alumnas e alumnos que participaron no obradoiro de emprego de Sarria recibiron esta mañá o seu diploma acreditativo da man do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. No acto de clausura tamén estivo presente o tenente de alcalde da localidade, Efrén Castro e outros concelleiros.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou preto de 280.000 euros para desenvolver este programa mixto de formación e emprego que hoxe chega ao seu fin tras nove meses de actividade.

A metade do alumnado recibiu formación teórica e práctica na especialidade de pavimentos, albanelaría e urbanización; e a outra metade, en promoción turística local e información ao visitante.

En concreto, o obradoiro permitiu desenvolver diversas iniciativas de interese social, neste caso, a rehabilitación do contorno urbano da praza da vila e o proxecto de información turística vencellado á Casa do Marqués de Sarria.

Ademais dos 20 alumnos participantes, o obradoiro de emprego permitiu a contratación de outros catro profesionais máis entre monitores, persoal administrativo e de dirección do mesmo.

Balseiro aproveitou a xornada de clausura para felicitar ao alumando e desexarlle que a experiencia recibida sirva como base para novas oportunidade laborais e lembrou que os participantes nos obradoiros reciben un certificado de profesionalidade que acredita os coñecementos adquiridos e os habilita profesionalmente.

O delegado explicou tamén que Sarria foi un dos concellos beneficiarios por unha das novidades que presentou a última convocatoria de obradoiros de emprego, en concreto a ampliación da duración dos mesmos que pasou para os programas xerais de 6 a 9 meses.

Nova convocatoria con novidadesBalseiro lembrou finalmente que a Xunta destina preto de 30 millóns de euros na convocatoria de obradoiros de emprego deste ano, un 50% máis de orzamento que na convocatoria anterior e indicou que está previsto que a nova programación se inicie no mes de setembro.

Como principal novidade está a posta en marcha dos obradoiros de emprego duais que combinan un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa local, co apoio da Xunta.

O obxectivo é favorecer a empregabilidade de 2000 desempregados galegos, tendo prioridade os obradoiros vinculados o eido forestal e ao Camiño de Santiago, dous sectores de gran importancia na provincia de Lugo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre