Inicio Galicia A Xunta clausura no Porriño o programa integrado de emprego cun porcentaxe...

A Xunta clausura no Porriño o programa integrado de emprego cun porcentaxe de inclusión laboral do 40%

0

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata o Centro Cultural deste concello para felicitar ás 85 mulleres que remataron o curso formativo

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, clausurou hoxe o programa integrado de emprego do Porriño, unha iniciativa na que colaboran o Concello e a Xunta, destinada integramente a mulleres no caso deste concello pontevedrés, cun índice de inserción laboral do 40 por cento das 85 alumnas. O obxectivo, apuntou o representante autonómico, é “incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas”.

Neste senso, López-Chaves non desbotou a oportunidade de salientar o esforzo do Goberno galego en materia de formación e orientación laboral, “unha prioridade –dixo- para Administración autonómica que vese reflectida nas crecentes políticas activas de emprego”. Citou así os obradoiros de emprego, o plan galego de formación e os programas integrados de emprego, entre os plans que están a acadar maior éxito.

No conxunto de Galicia, a Xunta desenvolverá na convocatoria 2018-2019 un total de 48 programas integrados que, cun investimento próximo aos 11 millóns de euros, chegarán a 4.800 desempregados. Así, coa participación de 58 concellos e 24 entidades, a Xunta sigue apostando pola colaboración para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

Leer más:  Los arrestados en la 'Operación Vodka' distribuían motores de narcolanchas a bandas de la zona del Estrecho

No que atinxe á área territorial de Vigo, un total de 1.800 persoas desempregadas recibirán asesoramento, formación e prácticas ao abeiro destes programas, dos que se benefician cinco concellos (Moaña, Mos, Redondela, Vigo e Cangas) e 13 entidades. Tras agradecer a implicación do Concello do Porriño, López-Chaves apuntou que é necesario deseñar programas formativos que se axusten á realidade económica e social de Galicia, o que se está a favorecer a través de iniciativas impulsadas pola Xunta como os cursos de formación para desempregados, a formación á porta ou os obradoiros duais, que se activaron este ano por primeira vez. Unhas actuacións que están contribuíndo á hora de consolidar a recuperación no terreo laboral, e que fan posible que Galicia conte cunha taxa de paro do 12,24%, o que supón 2,25 puntos menos que hai un ano. Para seguir avanzando neste camiño, o ano que vén a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinará 145 millóns de euros á formación. 


- Te recomendamos -