Inicio Galicia A Xunta celebra talleres formativos para impulsar entre as pemes modelos de...

A Xunta celebra talleres formativos para impulsar entre as pemes modelos de xestión competitivos e sustentables

0

A iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que terá lugar nas catro provincias galegas entre o 28 e o 29 de novembro, está dirixida ás empresas participantes no programa Responsabilízate

A Xunta celebrará os días 28 e 29 de novembro catro talleres formativos nas catro provincias galegas para impulsar entre as pemes modelos de xestión competitivos e sustentables. A iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que forma parte da primeira fase de Responsabilízate, tratará de achegar ás pemes participantes neste programa os coñecementos e ferramentas útiles para desenvolver con éxito un modelo de negocio baseado na Responsabilidade Social Empresarial (RSE).

Os talleres desenvolveranse o 28 de novembro na Coruña, na sede da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), e en Lugo, na Fundación CEL; mentres que o 29 terán lugar en Vigo, na Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), e en Ourense, na Confederación de Empresarios de Ourense (CEO).

Con este programa formativo búscase xerar a sensibilidade e coñecemento sobre a RSE, achegar formación e información actual, práctica e rigorosa en materia de RSE e fomentar a autonomía da peme no desenvolvemento e implantación da RSE. Este programa formativa complétase con formación on line que na actualidade estase a impartir a través dunha plataforma de teleformación. Este tipo de formación combinada permite realizar un seguimento personalizado das pemes para coñecer o seu avance de forma individual e así adaptarse a cada ritmo de aprendizaxe.

Leer más:  Primeras matrículas universitarias gratis en Galicia, primera promesa electoral de Rueda en campaña

Os talleres dividiranse en tres módulos: A responsabilidade social empresarial, a RSE&Competitividade e a RSE&Reputación. Nos talleres prácticos repasarase a parte teórica de cada un dos módulos e levaranse a cabo cinco casos a través dos que se porán en práctica os coñecementos adquiridos. A iniciativa será impartida por unha das titoras do programa Responsabilízate, Sandra Fernández. Ao finalizar a sesión presencial, cada participante recibirá un certificado.

A Consellería de Economia, Emprego e Industria, a través do programa Responsabilízate, está a impulsar entre as pemes galegas un novo modelo produtivo más eficiente, sustentable e integrador para incrementar a súa competitividade.  


- Te recomendamos -