Inicio Galicia A Xunta celebra que os Orzamentos do Estado recollan a petición do...

A Xunta celebra que os Orzamentos do Estado recollan a petición do Goberno galego de bonificar as peaxes da AP-9 e espera que non quede en promesas incumpridas

0
image_gallery.jpg

O Goberno galego agarda que o Ministerio de Transportes concrete a aplicación concreta das bonificacións e avanza que estará vixiante para garantir que beneficien ao conxunto dos usuarios


A Xunta celebra que o Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado atendan, por fin, as demandas que a Administración autonómica vén facendo en relación coa AP-9, a supresión da peaxe de Redondela e rebaixas nas peaxes da autoestrada; e agarda, que nesta ocasión, non quede en promesas incumpridas.

O Goberno galego acadou, no ano 2018, o compromiso do Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy, de liberación da peaxe de Redondela que, ao fin, aparece recollido nas contas presentadas no día de hoxe ante o Congreso.

A Xunta agarda que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana concrete a aplicación concreta das bonificacións recollidas no Proxecto de Orzamentos Xerais e estará vixiante para garantir que beneficien ao conxunto dos usuarios e non incrementen os beneficios da concesionaria.Á marxe disto, o Executivo autonómico lamenta a ausencia de bonificacións na AP-53 e de partidas orzamentarias para infraestruturas estratéxicas para Galicia, tanto en materia de comunicacións viarias como no terreo das conexións ferroviarias dos portos ou nas estacións intermodais.

Investimento para GaliciaNon obstante, a Xunta lamenta que o proxecto de PGE para 2021 rebaixe o investimento previsto para Galicia nun 11% en relación aos últimos orzamentos aprobados polo Goberno anterior, e que se quede en 832 millóns de euros, a cifra máis baixa dos últimos 15 anos.

Por outro lado, o Goberno galego considera que os orzamentos medran a costa de subir os impostos ás familias, aos autónomos e ás pemes, posto que a maior parte desta suba non é para os que máis gañan nin para os que máis teñen, polo que prexudica ás clases medias e ás empresas nun momento excepcional no que necesitan apoio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre