Inicio Galicia A Xunta celebra o venres en Redondela unha xornada técnica na que...

A Xunta celebra o venres en Redondela unha xornada técnica na que os participantes poderán probar o simulador de carpintería de madeira 4.0

0

Celebrarase de 10 a 14 horas no centro Issga e diríxese tanto a institucións educativas como empresas, traballadores e profesionais da prevención


A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, celebra o vindeiro venres, 28 de febreiro, unha xornada técnica do proxecto Da carpintería de madeira tradicional á industria 4.0. Implicacións en prevención de riscos laborais, que se realizará no centro pontevedrés do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) -situado en Redondela- de 10 a 14 horas.

Ao longo da xornada, os participantes recibirán información sobre seguridade, hixiene, ergonomía e psicosocioloxía sobre o traballo en carpintería da madeira e poderán realizar unha proba virtual onde se recrearán diferentes escenarios que representen as condicións habituais de vernizado con pistola, a través do simulador -unha réplica de pistola de vernizado, co seu peso e funcionalidade real-. Grazas a esta ferramenta 4.0, os asistentes evitan o risco de exposición e contaminación ambiental ao non estaren fisicamente expostos a substancias tóxicas permitindo aforrar, ademais, custos no adestramento.

Na xornada, cuxa inscrición se pode realizar a través da web do Issga, poden participar institucións educativas, empresas e traballadores do sector, así como profesionais da prevención en riscos laborais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre