Inicio Galicia A Xunta celebra o Día Europeo da Información Xuvenil cunha xornada sobre...

A Xunta celebra o Día Europeo da Información Xuvenil cunha xornada sobre prevención de condutas aditivas

0

Esta efeméride reivindica a importancia de acompañar aos mozos e mozas no seu camiño cara á emancipación e o seu pleno desenvolvemento como cidadáns

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, clausurou este mediodía a xornada A información na prevención de condutas aditivas celebrada no Museo Pedagóxico de Galicia con motivo da conmemoración hoxe do Día europeo da información xuvenil. Esta efeméride reivindica a importancia de acompañar aos mozos e mozas no seu camiño cara á emancipación e o seu pleno desenvolvemento como cidadáns.

A xornada tivo como obxectivo concienciar ás persoas que traballan coa mocidade sobre a importancia da información para a prevención do consumo de alcol e drogas na xuventude. A titular do departamento autonómico, destacou que estamos a vivir un momento no que o consumo destas substancias está aumentando entre a mocidade, segundo os últimos estudos, polo que considera importante que desde a Administración autonómica se aborde este tema desde unha perspectiva multidisciplinar. A directora xeral indicou que a información e a prevención son indispensables para concienciar aos mozos e mozas do problema do consumo de substancias aditivas. Por este motivo destacou a importancia desta xornada á que acudiron máis de 100 técnicos/as de información xuvenil e na que participaron profesores universitarios, o departamento de participación cidadá da Policía Nacional e mozos e mozas que deron a súa visión sobre esta problemática, unida tamén as novas tecnoloxías da información.

Leer más:  Xunta y Gobierno comenzarán negociaciones para resolver discrepancias sobre la ley de calidad alimentaria

Deste xeito, entre as mesas redondas destacan a do Botellón, selfies e WhatsApps. Claves e desafíos para informar, formar e educar no novo contexto dixital a cargo dos profesores Antonio Rial Boubeta da Universidade de Santiago de Compostela e Manuel Isorna, profesor da Universidade de Vigo.

O relatorio Alcol e drogas desde o ámbito penal correu a cargo de Raquel Pagola Quintana e José González Pértega, do Departamento de Participación Cidadá da Policía Nacional.

Para rematar varios mozos e mozas, correspondentes xuvenís, deron a súa visión sobre o incremento do consumo de tabaco, alcol e drogas.

A directora xeral agradeceu a todos e a todas relatores e participantes a súa asistencia e a colaboración na búsqueda dunha solución a esta problemática, para que a través da información e difusión se poidan baixar as taxas actuais de consumo.

Rede galega de información xuvenilA información xuvenil é considerada unha actividade de procura, tratamento e difusión da información xunto co asesoramento e orientación prestados á mocidade nos Servizos de información xuvenil, que ten como obxecto poñer a disposición da mocidade os elementos necesarios para unha mellor toma de decisións no exercicio da súa liberdade e autonomía e que fagan posible unha plena integración na sociedade. Galicia conta desde 1994 con unha Rede de información xuvenil configurada como un servizo público de carácter gratuíto e de estrutura territorial que articula e coordina as iniciativas promovidas tanto por organismos públicos como por entidades privadas sen ánimo de lucro. Entre os seus obxectivos atópanse os de garantir a difusión da información xuvenil de maneira ampla e actualizada en todo o ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e promover a máxima difusión de información sobre aqueles aspectos que afectan a mocidade.

Leer más:  Burela (Lugo) estará presente en 'El Grand Prix del Verano' 2024 junto con otras 13 localidades españolas

A Rede galega está presente na maioría dos concellos galegos, chegando a practicamente todos os mozos e mozas, xa que conta con 248 oficinas locais de información xuvenil (OMIX), 12 Espazos Xove da Rede Galega de Centros de Xuventude dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, 50 Puntos de información xuvenil dependentes das asociacións e entidades prestadoras de servizos á xuventude e máis de 600 correspondentes xuvenís.


- Te recomendamos -