Inicio Galicia A Xunta celebra na Delegación de Pontevedra unha xornada informativa para asesorar...

A Xunta celebra na Delegación de Pontevedra unha xornada informativa para asesorar aos propietarios de vivendas de uso turístico das novas ferramentas para cumprir a normativa

0

Enmárcase no ciclo que o Goberno autonómico está a celebrar en distintos puntos de Galicia para atender dúbidas e explicar a plataforma tecnolóxica que está en marcha para remitir trimestralmente os seus datos de ocupación deste ano


A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra celebrou esta mañá unha sesión informativa para asesorar aos propietarios de vivendas de uso turístico sobre as novidades normativas que afectan desde este ano a esta tipoloxía de aloxamento.

No acto estivo presente a delegada en funcións da Delegación Territorial, Ana Ortiz, así como a xefa territorial de Cultura, María José Echevarría.

Na reunión asesorarouse aos propietarios con casos prácticos e resolvéronse dúbidas sobre medidas que lles afectan directamente, como a obrigatoriedade de incorporar o seu número de inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) nas plataformas nas que se oferten ou sobre o uso da ferramenta tecnolóxica posta en marcha pola Xunta para que poidan remitir trimestralmente os seus datos de ocupación.

O programa incluíu sete reunións informativas nas áreas de influencia das cinco delegacións territoriais, que rematan hoxe en Pontevedra e que foron de asistencia gratuíta.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre