Inicio Galicia A Xunta celebra mañá en Frades unha xornada sobre silvicultura de piñeiro...

A Xunta celebra mañá en Frades unha xornada sobre silvicultura de piñeiro apoiada en novas tecnoloxías e no uso de drons

0

A iniciativa, de balde aberta a todos os interesados (previa inscrición), está promovida polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, en colaboración con empresas dos sectores implicados

Mañá terá lugar no concello coruñés de Frades unha xornada de portas abertas sobre ensaios silvícolas axeitados para planta de piñeiro mellorada. Farase unha demostración da toma de datos mediante a chamada tecnoloxía Lidar (Light Detection and Ranging), que consiste nun sistema láser de detección por luz e distancia e para o que, neste caso, empregaranse drons.

A toma de datos con tecnoloxía LiDAR levarase a cabo nunha das parcelas de ensaio onde se está a estudar a eficacia de diferentes técnicas silvícolas en piñeiros de alta calidade xenética: fertilización de inicio, preparación do terreo, densidade de plantación e tipo de material de reprodución.

Esta iniciativa está organizada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, que depende da Consellería do Medio Rural e está adscrito á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). Nela colaboran, ademais, empresas do sector forestal e aeronáutico. Terá lugar en horario de 11:00 a 13:00 horas.

Plan de transferenciaEsta acción está integrada no Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2020, que ten como principal obxectivo o de impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información que desenvolve a Consellería do Medio Rural. Con estas accións, preténdese contribuír a que os coñecementos cheguen aos seus últimos destinatarios: agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria.

Polo tanto, trátase de mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agrario, agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións e no emprego dos métodos produtivos respectuosos coa conservación e na protección do medio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre