Inicio Galicia A Xunta celebra en Ares unha xornada de formación técnica para potenciar...

A Xunta celebra en Ares unha xornada de formación técnica para potenciar unha xestión máis eficiente das depuradoras de augas residuais

0

Augas de Galicia achega aos profesionais de operación destas infraestruturas as medidas de optimización enerxética implantadas en distintas depuradoras

A Xunta, a través de Augas de Galicia, celebra hoxe en Ares unha xornada de capacitación técnica para potenciar unha xestión das estacións depuradoras de augas residuais máis eficiente e sostible. Trátase dunha iniciativa enmarcada no proxecto europeo Aqualitrans de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal. Dirixida aos profesionais relacionados coa xestión e operación das depuradoras, a sesión de hoxe permite que os asistentes coñezan de primeira man as experiencias levadas a cabo entre distintos organismos de Galicia e Norte de Portugal para a mellora da eficiencia enerxética do proceso de depuración de augas residuais. Isto, asegurando a calidade da auga tratada, logrando un mellor rendemento de depuración, menores consumos enerxéticos e redución de emisións contaminantes.

Na actividade de hoxe, os técnicos de Augas de Galicia e os socios portugueses de Aqualitrans deron a coñecer os resultados acadados tras o desenvolvemento das experiencias piloto realizadas sobre o consumo enerxético en 20 estacións depuradoras, 10 galegas e 10 no país veciños.

No caso de Galicia, desde o organismo hidráulico da Xunta afondouse nas melloras acadadas nas 5 infraestruturas onde se implantaron distintas medidas de optimización enerxética, e que se corresponden coas depuradoras de Cedeira, Ares, A Pobra do Caramiñal, Nigrán e Gondomar.

No programa de traballo de hoxe tratouse tamén do traballo desenvolvido polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para a mellora do potencial da eficiencia e dos plan de mellora enerxética nas EDAR, así como das ferramentas para a xestión avanzada desenvolvidas en torno a estas infraestruturas.

Esta xornada de capacitación técnica terá unha nova edición o vindeiro día 20 de novembro en Nigrán, cumprindo así o proxecto Aqualitrans co seu programa de formación de técnicos e profesionais de xestión das infraestruturas hidráulicas. Augas de Galicia participa do proxecto Aqualitrans, cofinanciado con fondos europeos e dotado con case 1 millón de euros, e no que está colaborando co INEGA, a Fundación Instituto Tecnológico de Galicia, Águas do Municipio do Porto e o Instituto de Ciência e Inovaçao em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial (INEGI).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre