Inicio Galicia A Xunta cederá á Asociación de Alzheimer o local da Policía Autonómica...

A Xunta cederá á Asociación de Alzheimer o local da Policía Autonómica en Vigo cando se traslade á Cidade da Xustiza

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no acto do Día do Alzheimer organizado pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) no marco do Nadal Solidario de Vigo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no acto institucional do Día do Alzheimer organizado pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) no Tinglado do Porto de Vigo. Neste evento anunciou que a Xunta cederá a Afaga o local que na actualidade ocupa a comisaría da Policía Autonómica de Vigo no número 7 da rúa Pateira, cando o corpo de seguridade se traslade á Cidade da Xustiza.

Alfonso Rueda estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, e o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, nesta actividade celebrada no marco do Nadal Solidario do Goberno galego en Vigo no que participan 24 ONGs para dar a coñecer os seus proxectos solidarios á cidadanía.

A Administración autonómica investirá case 40 millóns de euros na rehabilitación integral do antigo Hospital Xeral de Vigo para albergar a Cidade da Xustiza e concentrar nun mesmo espazo todos os xulgados da cidade e servizos como a Policía Autonómica, unha vez que o edificio, con capacidade para 57 unidades xudiciais, estea operativo ao longo do ano que vén.

O vicepresidente da Xunta destacou que a cesión a Afaga da sede da UPA de Vigo, que conta cunha superficie de 500 metros cadrados, permitirá reforzar a atención e mellorar a calidade de vida dos pacientes de Alzheimer da área de Vigo e das súas familias.

O Goberno galego está a traballar tamén para dotar de contido aos edificios dos xulgados da rúa Lalín, cando se trasladen á Cidade da Xustiza. O obxectivo da Xunta é que se manteña o uso público dos edificios para que organizacións, como neste caso Afaga, conten cun novo local para levar a cabo a súa actividade.

Visita ao Nadal SolidarioAlfonso Rueda tamén visitou o espazo solidario de Nadal ideado pola Delegación Territorial do Goberno galego en Vigo. Durante o seu percorrido achegouse ás casetas da Xunta, da Consellería do Mar, Cáritas, Anfaco e a Fundación Celta de Vigo. Ademais, coñeceu aos artesáns que realizan demostracións e talleres sobre oficios tradicionais, así como aos educadores dos talleres infantís. A visita incluíu dous dos elementos máis atraentes do Tinglado do Porto de Vigo: a mostra do Belén da Catedral de Santiago no interior, xunto coa ambientación exterior na Praza da Estrela cun poboado de Nadal, o carrusel e a representación dos Reis Magos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre