Inicio Galicia A Xunta cede equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Voluntarios de Protección...

A Xunta cede equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de 87 concellos e 2 mancomunidades

0

O DOG publica hoxe a resolución das axudas para dotar aos municipios de menos de 50.000 habitantes de material de emerxencias

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións para a adquisición de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Esta orde de axudas permitirá mellorar os medios dos que dispoñen as AVPC en 87 concellos e nas Mancomunidades de Terras de Celanova e do Ribeiro.

Con este obxectivo, a Xunta habilitou o pasado mes de maio unha liña de subvencións en especie, dotada con 932.400 euros, destinada a reforzar o equipamento das Agrupacións para que poidan levar a cabo as súas intervencións e labores de prevención de riscos en condicións de seguridade.

O material destinado aos concellos inclúe 8 vehículos todoterreos pick ups,12 remolques e de emerxencias, 4 UTV (Utility Task Vehicle),4 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate e 37 tendas de campaña. Tamén se inclúen medios específicos para intervencións en condicións de climatoloxía adversa con nevaradas e xeadas como 12 coitelas e 12 esparexadores de sal.

Esta convocatoria inscríbese no esforzo que está a realizar o Goberno galego nos últimos anos para mellorar os medios de emerxencia dos concellos de menos de 50.000 habitantes. Deste xeito, vén a complementar outros programas de apoio para mellorar o funcionamento das agrupacións ou a formación dos voluntarios.

Así, a Xunta destinou este ano un orzamento de 340.000 euros para os gastos de funcionamento de 188 AVPC da comunidade en concellos de menos de 50.000 habitantes. A Xunta aposta ademais pola formación no ámbito das emerxencias, que se leva a cabo tanto de forma centralizada nas instalacións da AGASP como descentralizada en todas as provincias co obxectivo de achegar os cursos aos voluntarios e facilitarlles a súa participación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre